jueves. 28.03.2024

Unha estela “mañega” en Galicia

Hai un tipo de estelas guerreiras ó funerarias datás arreol do segundu mileniu antis de Cristu, no Bronci final, que se tenin localizás nunha área que ocupa a actual Extremadura i Andalucía occidental xuntu co Alenteju portugués i parte das Beiras. Son un tipo de estelas caracterizás por presentar motivus decorativus de escús de círculus concéntricus, lanzas, espás, cutelus, carrus etc., toa ela temática guerreira i cunhus trazus mui definíus, repetitivus e identificadoris.

Según os investigadoris, as estelas extremeñas (tipu I) son descendentis das estelas alentejanas (tipu I) i pretendin sel representaciós ó monumentus funerarius de grandis guerreirus. Tós os historiadoris didin que este tipu de estelas tenin a súa orixi no Mediterráneu i que na península ibérica este tipu de cultura entró polo sul.

No norti de Extremadura i en Portugal as estelas máis setentrionais ó norteñas desta cultura que se coñocían hasta agó eran as encontrás en Meimão, Hernán Pérez e San Martiñu de Trebellu; das varias encontrás no Val do Ellas algunha delas aínda se poi vel na vitrina da antiga oficina de turismo, a escasus metrus do axuntamentu. Das oitras non sabemos o sei paradeiru. Estudiosus comu García Figuerola ó Domingo Domené pensaban que  as estelas encontrás nos tres puntus anteriores delimitaban polo norte a área de extensión da cultura que produdiu este tipu de estelas guerreiras empregás seguramente con función funeraria. Domingo Domené, na súa Historia de la Sierra de Gata (2006: 15) dixu que as de S. Martiñu de Trebellu “son las estelas más norteñas de cuantas han aparecido –unas sesenta– pues ninguna sobrepasa el límite que parece formar el Sistema Central”. Isu era en 2006.

O estudiu máis completu que hemus achau sobre estas estelas mañegas é o de García Figuerola, que podemos lel en http://gredos.usal.es/jspui/bitstream/10366/71252/1/Nueva_estela_decorada_del_tipo_II_en_San.pdf. Nel podemus vel a imaxi da estela exposta hoxe na antiga oficina de turismu de S. Martiñu de Trebellu, que ten unhas medías de 1,50 de alto, 0,78 de ancho e 0,21 de grosol.

Pero no anu 2010 na parroquia de Campobecerros, concellu de Castrelo do Val, no sulesti de Ourense, un labradol encontró no lugal (atención á toponimia, que sempris é clariña) de Pedra Alta unha estela antropomórfica de case dois metrus de longu por un metru de anchu. Nesti enlaci poemos ver a noticia dada en Galicia i o estudiu da estela da “Pedra Alta”: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18914.

Duranti mutus séculus esta peira debei estal de pé -de aí o topónimu de Pedra Alta, pois midi máis de dois metrus- pero se encontró enterrá a poica profundidai, ao pé dun castru prerromanu i nunha zona ondi tamén se tenin recolliu numerosus restus romanus i laudas xermánicas.  Avisau o arqueólogu Alberte Reboreda, este confirmó que se trataba dun exemplar únicu en Galicia i que a estela pertencía ao tipu das que se encontraban no Alenteju i en Extremadura. Se trataba da “imaxi” dun guerreiru coas súas armas: espá, lanza, escú, e inclusu coa representación dun carru de guerra.

Nesti oitru enlaci (http://terraeantiqvae.com/video/pedra-alta-castrelo-do-val ) poemos ver un vídeu de dois minutus co arqueólogu Alberte Reboredo dando as primeiras explicaciós. Se vimus antis o dibuxu da estela II de S. Martiño de Trebellu no estudiu de García Figuerola i o comparamus co dibuxu da Pedra Alta queamos soprendíus de tanta semellanza.

 

¿Qué feia aquela estela cuaxi cuatrucentus quilómetrus máis ao norti do territoriu ondi sería esperabli? ¿Quen i como a levó hasta alí? Dendi logu, é imposibli pensal en que no segundu milenio (1.200 a.C. aproximadamente) un grupu de homis transportase unha pedra que pesaba cuatro tonelás desde Extremadura ó a Beira baxa cuatrocentus quilómetrus ao norti, da maneira que fosi. ¿I con qué finalidai? É evidentei que a peira tuvu que sel transportá hasta o lugal ondi foi encontrá, porque é de granitu i naquela área a peira existenti é o xisto (pizarra), pero tanta distancia é inconcibibli. As zonas xeoloxicamente graníticas quean algu lonxi de Castrelo do Val, pero sempris a menus de trinta km. Aclararía mutu as coisas se le fideran un estudiu do tipu de granitu que é, desta maneira inclusu se poería determinal polo menus a zona de procedencia da peira.

O máis probabli é que a cultura que produdiu as estelas alentejanas i extremeñas tuvese algunha extensión máis ao norte, como quea demostrau pola aparición desta nova peira. Se no futuru aparecin máis peiras destas, máis estelas guerreiras funerarias como esta, noitrus puntus do noroccidenti peninsulal, estará certificá esta hipótesi, que liga deste xeitu os mundus mediterráneu i atlánticu na antigüidai.

Pero a día de hoxi, a arqueoloxía portuguesa i extremeña debe revisal (i que bonito i emocionanti é en ciencia revisal, corrixil i avanzal !) o escritu hasta agó i acrecental que a cultura alentejanu-extremeña das estelas guerreiras do Bronce final desti sul peninsulal debei chegal na súa área de dispersión (polo menus) hasta o sul da actual Galicia, desde logu mutu máis ao norti do que se pensaba.

Unha estela “mañega” en Galicia