jueves. 28.03.2024

A necesidai dunha norma pás falas du Val du Ellas ó Xálima

Duranti us últimus anus ha quedau demostrau que a falta dunha norma, estándar u orientaciós pá escribil nas falas du Ellas non ha síu niñún problema pa que se usara en bandus, carteis de festas, música, poemas, teatru, librus, menús, sinalética viaria, nomis das callis, misas etc., ó inclusu pa que se escribisen colaboraciós en meius de comunicación comarcais ó en librus de difusión internacional.

Isu si: cá persoa escribiu como boamenti pudu ó como us seis coñocimentus le deron a entendel. Tó u mundu seguía falandu mañegu, valverdeiru ó lagarteiru i escribindu na súa propia fala á súa propia maneira. A falta dun estándar non ha imposibilitau tampoicu u usu da fala entri us dagais i falantis conscientis nas novas tecnoloxías (SMS, blogs, mensaxis electrónicas etc.).

Pero a impresión que dá desdi fóra é que hai unha anarquía gráfica que non fai posibli aprendela. Se vén un alemán ó un asturianu au val i quel aprendel a falal i escribil tenrá mutas dificultais. Non pa falal, porque poerá aprendel i practical sen problemas valverdeiru, lagarteiru i/ó mañegu, pero si pa escribil. ¿Como escribil? ¿En que varianti? ¿Con que grafías? ¿Que sistema verbal? ¿Ondi tenin un mínimu dicionariu español ó portugués sobri esas falas? ¿En que manual se podería apoial un pa aprendel a escribilas? ¿Terná que aprendel a escribil en cá unha das falas ó existi unha maneira unificá i común de escribilas toas?

Á hora de escribil, i deixandu a un lau us particularismus locais (fel/ficel, lairós/ladrós/ladróns etc.), entri us propius falantis hai un montón de diverxencias: unhus escribin UNHA i oitrus UN-A, UN’A ó inclusu UMA; unhus escribin LEÑA i oitrus LENHA; uns CANTAL i oitrus CANTAR; unhus CASA i oitrus CASHA; unhus NOSSA i oitrus NOSA; unhus XINXA, oitrus XINXA i algús GINJA; nu campu das vocais i ditongus átonus entramus un mundu da disparidai máis absoluta… i cremus necesaria unha certa ordi en tó esta maraña.

A lingua du Val du Ellas está viva, mui viva en cá unha das súas tres variantis, pero se quel tel ferramentas pa resistil i existil con soidi social i vitalidai nu futuru precisa dunhas orientaciós pa escribila, non sólu pa quen a usa desdi meninu senón tamén pa quen a queira aprendel i/ó perfeccional. Toa lingua du séculu XXI que queira adaptalse á modernidai ten que tel unha forma escrita común, unha forma que é de tós i é de naidi, que nunca será translación exacta de niñunha fala particulal i que terná coisas de toas, supradialectal i aceptá por necesidai pá escola, a administración, a rotulación, a literatura etc.

Tel unha mínima normativa pa escribil non é garantía de supervivencia, por supostu. Se didi que unha lingua está fóra de peligru de extinción cuandu ten máis de 50.000 falantis activus vivindu nunha área ben delimitá. U valegu ó xalimegu ten a décima parti desa cantidai de falantis que se considera necesaria pá pensal na supervivencia dunha lingua. A priori se podería pensal que u valegu está condenau á desparición en dúas ó tres xeneraciós, diluínduse cá vé máis nu castelán ó español conformi se vaia deterioriandu a calidai da lingua falá polos máis novus, cá vé máis interfería au non habel un patrón normativu, un dicionariu, unha guía de corrección da lingua, tantu falá comu escrita.

Pero nesti mundu non hai niñunha ciencia exacta, nin sequera a matemática (fiémonus dus “precisus” cálculus dus economistas!!!). A supervivencia dunha lingua dependi de mutus máis factoris cús demográficus ó demolingüísticus, tamén dependi da súa vitalidai nus usus cultus i formais (meius de comunicación, escola, administración local, literatura, mundu relixiosu, actividais económicas, etiquetas, rótulos etc.), na súa visibilidai, na súa proxección exteriol i un sei prestixiu interiol, das súas relaciós con comunidais falantis de linguas semellantis ó idénticas (i aquí as falas du Ellas tenin unha relación directa cu galegu i cu portugués) etc. Hai mutus máis factoris que intervenin, pero hai que poñelus tós en xogu.

Aí temos u causu du aranés, con 4.000 falantis, que foi declarau cooficial en toa Cataluña i pú que se adoptorin medías efectivas de normalización nu sei territoriu, nu Val de Arán. U aranés é hoxi a única variedai du occitanu (lingua falá por un millón de persoas nu sul de Francia i nu noroesti de Italia) protexía i con ferramentas pa asegural con garantías a súa continuidai nun mundo cá vé máis plurilingüi i competitivu. Us dagais aranesis falan i escribin sen problema en aranés, catalán i español, i amais tenin boa competencia en inglés i en francés, postu que o aranés, como occitanu que é, está próximu du francés. En España non hai coisa igual, dagais que xogandu i estudandu dominan cincu linguas, pero primeiramenti a súa, a máis delicá, a menus favorecía: u aranés.

U aranés non usa a ortografía i a normativa oficial du occitanu, senón que fai usu dunha normativa propia i especial adaptá lixeiramenti desa norma occitana emaná do Institut d’Estudis Occitans, a academia da lingua occitana, con sé en Tolosa/Toulouse. Non eitan man dunha normativa adaptá do catalán, nin du español, nin a súa academia de referencia é a catalana (IEC) nin a española (RAE). Sabin que a súa lingua é unha varianti occitana i por tantu a súa ortografía é unha varianti da ortografía occitana. I así funcionan. I mui ben.

U problema da estandarización das falas du Ellas está directamenti relacionau cu da adscrición lingüística du valegu ó xalimegu (formas usás pa denominal conxuntamenti a valverdeiru, lagarteiru i mañegu)  i da súa relación coas linguas galega i portuguesa. Se estas falas “non son de filiación galega”, a autoridai académica de referencia en cuestiós lingüísticas non ten por que sel a Real Academia Galega. Pero se son de filiación galega, a Real Academia Galega debería sel a referencia pa elas, como ia u é pú galegu du Bierzu leonés i das Portelas zamoranas. Recordemus que a Academia Galega recoñoceu u valegu comu variedai mui especial du galegu i nomeó en 2004 u estudiosu mañegu Domingu Frades como académicu correspondenti da RAG pú Val du Ellas.

A política lingüística pás falas du Ellas a ten que fel a Junta de Extremadura; pero aus galegus non mos é allea a situación lingüísitca du Val de Xálima, polo que a Xunta de Galicia i a Academia Galega deberían ofrecelse pa colaboral tecnicamenti na dignificación desi patrimoniu inmaterial común a galegus, portuguesis i estremeñus, independentementi de que tamén u faian oitras instituciós u organizaciós portuguesas i estremeñas, cuantas máis mellol se toas querin colaboral sinceiramenti.

Fai mutus anus que vimos clamandu nu desertu i solicitándule ás autoridais políticas i académicas estremeñas (Junta, UNEX, alcaldías, asociaciós…) a constitución dunha Comisión Normativa pás falas du Ellas, formá por falantis conscientis i competentis i por especialistas en dialectoloxía galegu-portuguesa i en estandardoloxía das linguas románicas minorizadas. A resposta sempris foi u silenciu. Por unha parti hai autoridades académicas que opinan que estas falas non se poin codifical, i pola oitra hai algún falantis que se negan a que exista norma niñunha porque pensan que sería a morti pa cá unha delas.

Nós pensamus que tó se poi codifical (exemplus temus por Europa adiante cu rumantsch suízu, ó cu sardu, ó cu réticu dolomíticu, ó aquí cerca cu mirandés en Portugal…) i que non hai que confundil u nivel oral (valverdeiru, lagarteiru i mañegu) cu nivel escritu, con esa escrita común tan necesaria, de maneira que cualquel falanti seguisi falandu nu sei pero pudese escribil na forma común, forma común na que estarían escritus librus, manuais escolaris, carteis etc. En toas as linguas du mundu hai unha lingua escrita común que tós aprendemus i despois hai as diferentes i particularis maneiras de pronuncial ó falal según a nosa procedencia. I non pasa ná, é u normal. 

¿Cuais son us camiñus i as dificultais pa chegal a esta norma ó forma escrita común pás falas dus Tres Lugaris? Falaremus disu a semana que vén.

A necesidai dunha norma pás falas du Val du Ellas ó Xálima