jueves. 28.03.2024

¿Qué norma le convén ás falas do Val do Ellas? (1)

Falábamos a semana pasá dos posiblis camiñus que deberían percorrel as falas do Ellas pa chegal a adoptal unha norma unificá. Postu que estas falas son de inequívoca filiación galego-portuguesa, tres son os camiñus posiblis: unha norma (de basi) portuguesa, unha norma (de basi) galega ó unha norma independenti, propia pás tres falas do Ellas.

De entrá digamus que unha ortografía é como un vestíu que se lle pon ao corpu fonolóxicu dunha lingua. Non se le podi poñel a un dagal de novi anus un traxi dun homi de trinta, i viceversa, porque os corpus son diferentis. A roipa (ortografía) ten que sel o máis práctica i cómoda de usal pa esi esi corpu (fonoloxía). Por isu –por exemplu-, o galegu non o escribimus coa ortografía portuguesa, porque temus un corpu fonolóxicu “pequenu” pó fatu grandi do portugués, por isu necesitamus un traxi un poicu á nosa medía. ¿Le valerá ás falas do Ellas o traxi galegu, o fatu portugués, ó precisará un traxi propiu ? ¿Valería unha adaptación dalgún dos oitrus traxis?

O catedráticu da Universidai de Barcelona José Enrique Gargallo, un gran especialista nestas falas, didi que non sería ná fácil aplical unha norma portuguesa, “a todas luces inviable”, nin un modelu ortográficu propiu, independenti, que “comportaría perder el norte y encerrarse en una política lingüística de campanario”, mais tampoicu unha norma de basi galega –“acaso la más viable”, afirma el-, porque espertaría reticencias entre algunhas persoas dos tres lugaris.

Na nosa opinión, o camiñu estandarizador pás falas do Ellas debería tel mui presente non sólu a lingüística, senón tamén a realidai demolingüística i a autoconsciencia dos falantis. Pa nós, as consideraciós de Gargallo habería que ponderalas baxu as seguintes premisas:

a)      A adopción da norma ortográfica galega ó dunha adaptación desta sería viabli porque o 60% do total de falantis usan o valverdeiru, a variedai máis próxima do galegu común, i Valverdi é o centru económicu, administrativu, sanitariu, cultural i educativu dos tres concellus. Amais, o  valverdeiru é a variedai falá polo 70 % dos menoris de idai de tó o val.

b) A adopción da norma ortográfica portuguesa ó dunha adaptación desta non encaxaría mui ben con o cuairu fonolóxicu i fonéticu das falas. O mañegu i o lagarteiru, que poin parecel máis próximus ao portugués por tel pronunciaciós de sonoras (casa, queiju, longe, ginja…) presentan un cuairu de fonemas sibilantis distintu do portugués (moza, cea, codiña, dodi), coas repercusiós grafémicas que istu comporta, i á parte os falantis de mañegu i lagarteiru son minoría:

Desdi fai varius anus se venin impartindu clasis de portugués nos centrus escolaris do val. Istu fai que o alumnau aprenda o portugués máis facilmenti a partil da vantaxi que supón sabel cá fala de cá lugal. Por unha parti o alumnau percibi as diferencias i semellanzas entri a súa fala i o portugués, por oitra istu fai que se familiarici coa ortografía i a gramática portuguesas. Istu poería ser un avanci pa adopción dunha ortografía filoportuguesa, que ia é coñocía polos dagais.

Da nosa experiencia de vinti anus dindu polo lugal, sabemus que os valegus entendin o portugués i que mutus delis poin expresarse con soltura en portugués, pero tamén consideran que as falas xalimegas non son portugués, non son o portugués das falas vidiñas beirás nin mutu menus o portugués oral estándar que escutan nas radius i televisiós. O coñocimentu do portugués non ten por que leval a unha identificación tal das falas con o portugués como pa adoptalu como norma.

c) A elaboración dunha norma ortográfica i morfolóxica autónoma, propia i común ás tres falas, é unha solución que tós os especialistas ven practicamenti inviabli pa unha fala con 5.000 usuarius que non ten recoñocimentu legal, nin cooficialidai no sei territoriu, nin apoius políticus i académicus clarus a nivel autonómicu, nin cobertura institucional, comu poi tel por exemplu o aranés en Cataluña ó o livoniu en Letonia.

Por oitru lau, non existi na actualidai niñunha persoa con autoridai imitabli ó seguibli, nin niñunha institución local ó autonómica con prestixiu social i lingüísticu que pudesi marcal o camiñu. A autoridai moral e intelectual do escritol i académicu da RAG Domingus Frades sólu é recoñocía pó mañegu i a autoridai do escritol i profesol Severinu López sólu é recoñocía pó lagarteiru.

Nin a fai anus ilusionanti asociación Fala i Cultura, nin a aucthoritas do Departamentu de Filoloxía Portuguesa da Universidai de Estremadura tenin predicamentu a nivel escolal, social, cultural ó administrativo; unha por leval inactiva mutus anus i o oitru por aparecel socialmenti como distanti do porvil desta fala. Temus novas esperanzas fundás na asociación “A Nosa Fala”, nacía nesti pasau mes de agostu. Ela terná que sel quen dinamici i provoqui esti debati i convoqui us traballus dunha comisión de expertus que leven a bo portu esta idea.

Oitru gran coñocedol destas falas, o catedráticu de Filoloxía Portuguesa da Universidai de Estremadura Juan M.ª Carrasco, non é partidariu dunha solución “á portuguesa” nin “á galega” i a priori parecería decantarse por unha normativa propia i autóctona pás falas do Ellas co fin de preserval a súa singularidai. Pa esti profesol, toa aproximación ao galego ó ao portugués derivaría a meiu prazu nunha absorción ó asimilación lingüística "inadmisible".

Pa Carrasco unha boa solución pasaría por fel algo semellanti ao adoptau polo Gobernu portugués pá protección do mirandés, variedai do asturianu occidental falá por 10.000 persoas no extremu nororiental portugués de Miranda do Douro. Istu é: considerala oficialmenti i, ao mesmu tempu, normalizala na súa comunidai (escola, meius, administración, sanidai etc.) i normativizala atendendu sólu ás características propias das falas. O Gobernu portugués convocó unha comisión de expertus formá por falantis auténticus con coñocimentus de lingüística i especialistas de varias universidais portuguesas i españolas. En dois anus de traballus en relación directa con falantis conscientis, a comisión elaboró unha Convención Ortográfica i ia tó empezó a escribirse según estas orientaciós, desde os usus escritus escolaris, os usus municipais, as traduciós de literatura infantil ó os cursus de verán pa estranxeirus i foráneus.

En principiu poeríamos estal de acordu con esta proposta de normativización “á mirandesa” feita por Carrasco, pero hai dois problemas que o propiu Carrasco expón i que sorprendentementi (auto)contradidin e invalidan a súa proposta: a) se o númeru de falantis é escasu haberá mutas dificultais en afrontal determinás actuaciós: ediciós de librus, materiais escolaris, revistas i publicaciós variás; i b) a variación interna das falas do Ellas fai mui difícil a elaboración dunha norma común i unificá satisfactoria pós falantis de cá unha das tres variedais i aceptá socialmenti.

Pa nós niñunha destas dúas pegas é obstáculu: hoxi existin métodus pa fel tirás pequenas de revistas, librus etc., a custis reducíus, i amais o futuru de mutus librus, revistas i manuais pasa pola edición dixital, máis barata i con máis divulgación. En segundu lugal, sen sél do fíu do casu mirandés, maioris son as diferencias orais entri as dúas variedais mirandesas (mirandés i sendinés) e isu non foi obstáculu pa chegal a unha convención ortográfica i morfolóxica común pa escribil do mesmu xeitu as dúas formas de falal.

Tanto Enrique Gargallo como Juan Carrasco expresorin con coñocimentu i precisión as enormis dificultais que presenta un intentu de estandarización destas falas. Niñún dos dois toma en consideración a posibilidai de adopción dunha norma “á portuguesa”, co que sólu quean encima da mesa dúas soluciós: unha norma propia, que os dois ven inviabli pa unha comunidai tan pequena i que á parti sería difícil de materializal á vista das diferencias entri as tres falas; i unha norma próxima á galega, que dambus os dois rechazan por vel nela un “peligru de asimilación” ó porque didin que non sería aceptá. Pa estis dois expertos niñunha das tres vías de normativización é posibli, pero elis non dan niñunha solución, sólu se limitan a diagnostical con precisión a enfermidai sen intervil nin animal a intervil, como se istu non tuvesi remediu.

I mentras tantu as falas do Ellas ó Xálima corrin seriu peligru de dilse diluíndu i dialectalizandu social i lingüisticamenti no topoderosu castelán, dun xeitu indoloru i cuasi imperceptibli pero ia apreciabli entri os falantis máis novus.

Nesti artículo expuxemos o que pensan dois dos melloris especialistas nestas falas; a semana que vén falaré do que pensu ei a esti respectu i, sobre tó, do que pensan os propius falantis i de cómo escribin os propius falantis. Non sen traballu, muta delicadeda i mutu consensu, sempris que se queira pa tó hai un remediu!

¿Qué norma le convén ás falas do Val do Ellas? (1)