O Val de Arán é un territorio do noroesti de Lleida ondi viven unhas 10.000 persoas i que ten por capital Viella (Vielha en aranés). A lingua autóctona de Arán é o aranés, unha variedai do occitanu, lingua falá no sul de Francia i no noroesti de Italia por un millón i meiu de persoas. Por tantu, o occitanu na súa versión aranesa, falau no Val de Arán por unhas 3.400 persoas, tamén é unha das linguas de España, i asina o recoñoci o Consellu de Europa, do mesmu xeitu que recoñoci o que el chama "galician in Extremadura", o valegu do Ellas.

No Estatutu de Cataluña de 1978 ia se recoñocía esa existencia ("a fala aranesa será obxetu de ensinamentu i protección") i en 1990 le foi concediu ao Val de Arán un estatutu comarcal dentro da propia Cataluña. Nesi estatutu de comarca diferencial se dicía, entre oitras coisas, que o aranés, variedai da lingua occitana propia de Arán, era oficial no Val de Arán i que tamén serían oficiais o catalán i o español de acordu co Estatutu de Autonomía de Cataluña i coa Constitución Española.

Máis recentementi, en 2010, o Parlamentu de Cataluña aprobaba a Lei do Aranés, que dici no sei art. 2.1. que "O aranés, nomi que recibe en Arán a lingua occitana, é a lingua propia desti territorio". Lingua propia e, aínda que cooficial con catalán i español, lingua de usu preferenti na administración, na escola, nas relacións coa Generalitat, nos meius de comunicación propius, nas desconexións dos meius audiovisuais públicus etc.

Nas escolas de Arán hai dois modelus lingüísticus: o modelu de inmersión en aranés (con catalán i español como linguas de ensinu) i o modelu de inmersión en catalán (con aranés i español como linguas de ensinu). Os dagais aranesis acaban a primaria dominandu á perfección tres linguas: occitanu-aranés, catalán i español, tenin unha boa competencia no francés -pois o occitanu le fai de ponti co francés- i tamén estudian o inglés na escola. O español i o catalán o impregnan tó, vivin en Cataluña i en España: librus, contus, películas, televisións, cómics, música... tó le chega en catalán i sobre tó en español, esas dúas linguas as irían aprendel de toas maneiras i non le é complicau en absolutu, por isu se reforza a lingua máis desfavorecía, a lingua propia de Arán.

¿Sufrin estis dagais a "imposición" de linguas inutis, perdin de estudial coisas máis proveitosas ó padecin algún tipu de tara por tanta lingua na escola? Non, para ná, tó u contrariu. Os meninus absorben tó, i de linguas máis. Son dagais que na súa choqueira poin dominar cincu linguas sen dificultai, son dagais que superan de longu o nivel meiu de competencia escolar española en toas as asignaturas, son dagais mutu máis preparaus pó futuru pero cunha diferencia mui importante: sabin que o primeiru que tenin que defendel pa que non desapareza é a súa identidai aranesa, fundá na súa lingua.

Cá vé que vó ao Val do Ellas non podu evital pensal en Arán.  En Arán hasta fai mui poicu vivían dos animais i do monti, eran pastoris i leñadoris. Co turismo de invernu tuveran unha pequena revolución, pero mutu máis co turismo de verán. Arán pasou a sel unha das zonas de España con maior renda per cápita. O sei consellu comarcal, chamau Conselh Generau d' Arán en aranés, potenció fortementi a identidai aranesa, a lingua i a cultura, na escola i fóra dela, i asina o aranés pasó a sel a lingua habitual do 35% dos aranesis, cuandu fai dé anus sólu o era do 22%.

No Val do Ellas o puntu de partía é favorabilísimu: o 90% da xenti fala habitualmenti valverdeiru, lagarteiru ó mañegu, peru vimus observandu comu os dagais ia non o falan tantu ó ia non o falan sempris entre elis, coisa impensabli fai sólu quinci anus. I cá vé o falan con máis interferencias do castelán. Inconscientementi, por falta de cultivu i de aprendizaxi, por falta de prestixiu escritu, a súa fala se vai disolvendu no castelán. Non hai substitución polo castelán, pero si lenta e constante disolución.

¿Cómo se podería facilmenti corrixir esta tendencia? Dende logu empezando por introducil a Fala na escola, desde pequeninus, con manuais, contus, dicionarius, pósters con campos semánticus (as aves, mamíferus do campu, pecis, partis da casa, partis do corpu etc.) etc.; formando profesoris que poian logo dar clasis en cursos de maiores, en cursos de verán pá turistas i persoas interesás etc. (en mutas partis de Europa istu é unha recursu turísticu i económicu de primeira importancia). Pero pa isu, primeiramenti, fairía falta tel unhas mínimas convencións ortográficas comúns pás tres falas. Como fizu o mirandés, como fizu o aranés, como fizu o romanche suízu, como fizu o réticu dos Dolomitas i tantas oitras pequenas linguas de Europa que hoxi empezan a vivil con normalidai nas súas pequenas sociedais. Superaran reticencias parroquais i superan uñilse pa creal unha forma común de escribil sen deixal de falal cá un como sempris se faló no sei lugal. É posibli istu? Viaxen a estis lugaris i o comprobarán.

¿Por que os tres concellos non organizan unha visita ao Val de Arán? ¿Por qué non envían unha delegación con autoridais, profesoris, escritoris, axentes culturais, empresarius de hostelería etc., i van uns días ao Val de Arán a vel qué coisas boas se poderían importal? As autoridais de Arán, como sempris, estarán encantás de recibil esta delegación i ensinal como tratan elis a fala, o turismu, a cultura... i tós os beneficios que istu le trai á súa comunidai.