sábado. 20.04.2024

O patrimoniu arqueolóxicu do Val do ríu Ellas: unha riqueda sen explotal

¡Qué enorme patrimoniu históricu tenin os Tres Lugaris i cuánta riqueda desaproveitá! Non fai falta eitale a culpa á crisi de que non se poi fel ná mentris vemus comu se venin abaxu os murus i comu as escobas i as silveiras ocultan memoria i historia

Cuandu fai vinti anus empecí a vil a estudial as falas do ríu Ellas, unha das coisas que máis me chamó a atención foi a enormi riqueda arqueolóxica, etnográfica, arquitectónica i paisaxística dos Tres Lugaris. Era evidenti a atracción da lingua, tan semellanti á miña i que había síu o motivo da miña vinda a estis lugaris, era asombrosa a xenerosidai i amistai dos seis habitantis, peru poicu a poicu i coa aixúa dos meis amigus destas terras, he podíu dil descubrindu oitras riquedas que fadin que me consideri un namorau desi val i das súas xentis.

Noitras ocasiós falaremus de gastronomía, etnografía, paisaxi i oitros potentísimus focus de atracción turística i cultural que tenin estas terras. Hoxi falaremus da riqueda arqueolóxica, tan maltratá i abandoná na actualidai, i que ben explotá sería na nosa opinión un motivo de atracción turística (i por tantu de produción económica i laboral) de primeira importancia.

Gracias á lectura dos traballus de Domingo Domené i de García de Figuerola, i sobri tó gracias aos amigus que me han serviu de guías i me han proporcionau informacións orais mui valiosas, creu que teñu unha idea aproximá das riquezas históricas materiais que guarda esti val.

De antis da chegá dos romanus temus nesti val unha boa colección de estelas guerreiras que datan do segundu mileniu antis de Cristu, útiles líticus (machaus, raspadoris etc.) i unha área de túmulus funerarius. De antis de Cristu tenin que sel tamén o castro vetón do Toiru Pelau e a gran cidai amurallá de Lancia Oppidana, chamá desdi o siglu XIV Salvaleón. Despois dunha visita in situ guiaus por Teodoro, un valverdeiru nacíu i criau no campu, sospeitamus que a vila medieval chamá Vilanova, á que o rei Afonso VIII dó forus i que está no lugal hoxi denominau U Torrión, tuvu que sel en orixi un castru vetón, pois inclusu os restus materiais alí encontraus (muñus etc.) se correspondin coa época da conquista romana dos vetós. Arreol destis castrus i xacimentus hai unha riquísima tradición de lendas fantásticas de moirus, moiras, tesoirus etc., que sería urxentísimu apañal, pois fadin parti da memoria colectiva. Son máis tesoiru estis contus fantásticus que tós os supostus tesoirus que ali poería habel i que ia algunhus furtivos se encargorin de fel desaparecel destrozando partis mui sensiblis destes sitius arqueolóxicus.

Da época da conquista romana destas terras de vetós son as aras votivas a deuses indíxenas como Ibero, Salama, Teta e Toga; as estatuas de guerreiros i cabezas de guerreiros vetós; os restus de explotaciós mineiras nos Vieirus (o topónimu fala claru); i os numerosus restus romanus (tellas, cerámica, basis de construciós, capiteis, fragmentus de columnas, lairillus, escoiras de fundiciós etc.) encontraus nos sitius do Val da Venda, As Alfenás, A Torri A Mata, U Rubiu (A Tapá du Cura), A Bóveda, Val dos Pozus etc. Do siglu I a.C. é o chamau “Tesoiriñu de “Penha García” (colaris, pulseiras, anelus, moeas), que en realidai foi encontrau nu Palancal, términu de Valverdi. Non cremus que sea da época romana a “Calzá” de S. Martín que subi ao Portu. Le chamorin “romana” posiblementi porque está empeirá, peru debi sel posteriol no tempu, como le chaman “romanas” a toas as pontis de peira que hai por España adientri, mutas vedis sen radon i oitras con ela porque son pontis medievais refeitas sobri pontis efectivamenti romanas.

Da escura época da queida do imperiu, chegá do cristianismu, reinus suevu (unha das diocesis do reinu suevu tiña capital en Egitania, a actual Idanha-a-Velha) i visigodu hasta a chegá da administración musulmán, poicu se sabi i poicus restus temus rexistraus no val. É de supoñel que seguirían habitaus ó semihabitaus os castrus i aldeas romanas, peru desta época sólu se ten noticia dunha lápida sepulcral dedicá a unha tal Egolicia i datá en 520. Tamén temus noticia dunha dudia de sartegus mortuorius feitus en peira dunha sola peza que se encontrorin no lugal do Tesu Galegu i que volorin a casas particularis, comu tantus oitrus obxectus arqueolóxicus.

Ia Domingo Domené deixou ben explicau comu, á parti da cidai amurallá de Salvaleón i do lugal de Torri A Mata i Vilanova (U Torrión), na época da readministración destas terras por parti do reino de Galicia i León, existin noticias da fundación de dúas aldeas arreol dun mosteiru de S. Martiño “xuntu ao Castañedu” (ao lau dun soitu) i As Ellas, embriós dos lugaris actuais de S.Martin de Trebellu i As Ellas, máis ó menus ondi hoxi están os sitius do Tesu Galegu i A Tapá du Cura.

Castelus i restus de castelus i atalaias altomedievais temos varius nesti val: Tornafarru, Castelu Vellu de Xálima, Rapapelu ó As Torris, As Ellas, U Torrión i Salvaleón. Sospeitamus que Salvaléon, chamau asina sólu dendi principius do siglu XIV, tuvu que sel a Lancea Oppidana romana irmán da Lancea Transcudana (detrás do río Coa) i ben comunicá coa Oppidum Aegitaniorum (Idanha-a-Velha). Esta cidai foi coñocía logu, en época de dominación omeia, Munt Salut. Didin as crónicas árabis que o tal Munt Salut estaba situau na confluencia dos ríus Wadi Ashi* i Salut, que con mutas posibilidais serán os actuais Basádiga i Ellas, ríu que no sei nacementu se chama Arroiu Soidi, palabra derivá do latín Salute. Tras a ocupación por parte do reino de Galicia i León pasorin a denominala Salvaleón porque foi fortaleda da fronteira meridional do reinu. Tó istu indicaría que estuvu habitá permanentementi dende ben antes da chegá dos romanus hasta o siglu XVI, que foi cuandu a abandonorin os seis habitantis pa trasladarse máis ao norti i fundal, xuntu con xentis procedentis da Torri A Mata, o lugal de Valverdi.

¡Qué enorme patrimoniu históricu tenin os Tres Lugaris i cuánta riqueda desaproveitá! Non fai falta eitale a culpa á crisi de que non se poi fel ná mentris vemus comu se venin abaxu os murus i comu as escobas i as silveiras ocultan memoria i historia. Non hai xenti máis vulnerabli i manipulabli que a xenti amnésica, sobri tó a que non  ten conciencia nin coñocimentu das súas arreidis. Protexel o patrimoniu é protexel o nosu futuru, protexelu do olvidu, da ocultación i dos expoliadoris que andan permanentementi por estis lugaris con detectoris de metais i provocan despois destrozos incalculablis nos xacimentus. Claru que se poin fel coisas i ei queru aproveital esta tribuna pa eital ó deixal ditas –dendi a miña ignorancia i a miña distancia- algunhas suxerencias:

  1. Acollelse a programas europeus, convocatorias de fundaciós públicas i privás etc., pa –inmediatamenti i de acordu con propietarius, administraciós responsablis etc.- acometel o desbroci i consolidación de murus en Salvaleón, pa que non sigan quendu i pa que se poia admiral a magnitui do castelu i da vila en toa a súa extensión (en abril desti anu visitamus de novu Salvaleón i comprobamus comu queiran algunhus murus desdi a última visita fai dois anus porque a xente pisa por riba dos murus i non ten cuau niñún). Tamén se poi intental conseguil fondus pá a restauración do castelu das Ellas, polo menus nun principiu pa logu poelo reconstruíl enteiru; i pa sinalizal i visibilizal a atalaia de Tornafarru (a antiga Torri do Navarru), mui cerca das piscinas naturais das Ellas. Non nos poemos olvial do Torrión, a antiga fundación chamá Vilanova, na confluencia das ribeiras do Ellas i do Sobreiru, pois as escobas e a vexetación tan espesa non deixan ver practicamenti ná do que foron os perímetrus das murallas.
  2. Con xeorradares i/ó catas aleatorias, habería que fel prospecciós arqueolóxicas nos lugaris de U Rubiu i Tesu Galegu, primitivus emprazamentus das vilas das Ellas i San Martín de Trebellu, asina comu en tós os lugaris ondi se encontrorin restos históricus (U Palancal, Torri A Mata etc.). Se os tres axuntamentus se coordinasen i se puxesen en contacto coa UNEX pa ofrecel prácticas de arqueoloxía a alumnus de Historia, ó organizasen “campus de traballu” internacionais, sólu ternían que sufragal os gastus de aloxamentu i mantimentu das persoas que fidesen esas prácticas.
  3. Os tres axuntamentus, ben sólus ó –mellol- coordinaus, deberían ofrecel unha guía da riqueda arqueolóxica do val, con visitas guiás, audioguías, mapas en internet etc., presumindo de riqueza. Pero pa presumil i ofrecel ao mundu esta riqueda antis hai que tela presentabli, ben indicá, con boa información etc. Unha ó unhas rutas históricas serían perfectamenti compatiblis con rutas paisaxísticas, científicas (observatorius de aves i oitra fauna) etc.
  4. Fel un inventariu gráficu i dixitalizau de tó o patrimoniu historicu dos Tres Lugaris. Se poería solicital da Junta de Extremadura a dotación de tres ó cuatru becas de investigación para arqueólogus, historiadoris da arti, filólogus etc., que catalogasen, inventariasen, dixitalizasen tó o posible, o que se encontra en museus i tamén o que está en más de particularis.
  5. A idea dun Museu Históricu i Etnográficu dos Tres Lugaris é quizás un soñu, peru mentris non exista si que poemus pensal en que to o patrimoniu posibli poería estar expostu no Centru de Estudius ó simplementi expostu en internet a mou de fichas: cá lugal con caunsúa ficha histórica i descritiva.

Hai coisas que os axuntamentus poin ir fendu, unhas con subvención i oitras sen elas. Con diñeiru se poin fel mutas coisas, pero sin (mutu) diñeiru tamén se poin dil fendu coisas interesantis. Sólo hai que ter ganas e imaxinación. Peru insistu: o primeiru sería fel un labol de concienciación i de documentación de tó o patrimoniu, con mapas, con datus, con fichas, con fotus, con vídeus, ofrecela aos establecimentus hoteleirus dos Tres Lugaris, falar distu nas escolas i no institutu, nas casas de Cultura etc. Coñecel é amal, é defendel, é valoral i é tamén sabel sacal partíu económicu a tó istu (pósters; camisetas; mapas; cartós postais; reproducións a escala de aras e estelas; reproducións fieis de aretis, colaris; folletus; librus; e tó tipu de merchandising). Peru antis hai que tel algo presentabli que ofrecel. Salvaléon é un tesoiru sen explotal, i o castelu das Ellas, i unha chea de rutas arqueolóxicas e históricas posiblis pa fel a pé, a cabalu ó en bici de montaña.

Nas mas das autoridais está poel fel realidai tó istu. Nas mas da xenti reclamalo, porque un dos camiñus de futuru que tenin estis tres lugaris está no turismu cultural de calidai, i tendu tó esti potencial é unha pena (i unha vergonza) que non se aproveiti.

O patrimoniu arqueolóxicu do Val do ríu Ellas: unha riqueda sen explotal