Imprimir

A adscrición i tipoloxía das falas do Val do Ellas

Xosé Henrique Costas | Lingüista. Profesor de la Universidad de Vigo

Sierra de Gata Digital | 22 de julio de 2013

Cuandu le preguntan ás xentis dos Tres Lugaris qué pensan que é o que falan, as respostas soen sel do máis variau en función do que le contorin na escola ó do que leran en periódicus, revistas ó librus: unha mestura de fronteira entre portugués i castelán, unha lingua autóctona, unha variedai de portugués, un tipu de leonés antigu, unha variedai de galegu etc. As respostas maioritarias son mestura de portugués i castelán i variedai da lingua galega. Curiosamenti, a maioría dos que pensan que é unha variedai de galegu son persoas que tuveron contacto con galegus na mili, na emigración ó viaxorin a Galicia.

Condu le preguntan aos investigadoris que han estudiau estas falas sobre a tipoloxía delas, as respostas tamén son disparis (i disparatás nalgunhas ocasións: variedai do español, variedai do antigu asturleonés, castelán antigu, variedai do xuvíu-español...) pero hoxi en día niñún estudiosu seriu duda de que é unha variedai mui especial do antigu galegu, do chamau galegu-portugués, con leonesismus históricus i castelanismus actuais. Así opinan os catedráticus Clarinda de Azevedo Maia (Coímbra), Enrique Gargallo Gil (Barcelona) i Juan Carrasco González (Cáceres), que as falas do Ellas son a "terceira rama" do tronco lingüísticu formau polo galegu i polo portugués, que agó sería: galegu-portugués-valegu (ó xalimegu, como le chama o amigu valverdeiru Toño Corredera).

Oitrus investigadoris pensan que si, que é unha terceira rama do galegu-portugués pero non nacía do troncu común senón da rama galega, porque estas terras nunca foran do reino de Portugal i si do reino formau por Galicia, León, Asturias i Extremadura (así firmaban os reis Fernandu II i Alfonsu IX) i que os repoboadoris que aquí chegorin viñan de zonas galegofalantis. Desta idea son o portugués Lindley Cintra i a totalidai dos investigadoris galegus que estudiorin estas falas.

Fai unha ducia de anos publicamos en Portugal un artículu sobre istu mesmu i empreábamus un método romanístico de medición de distancia i proximdai lingüística das linguas que aparecía na famosa enciclopedia Lexikon der Romanistischen Linguistik. Aplicandu oito ítems fonéticu-fonolóxicus, vinticatru morfolóxicus i onci sintácticus, medimus a distancia entre as falas do Ellas i as linguas románicas peninsulares. Os resultaus foron que a estrutura lingüística do valegu do Ellas coincidía nun 81% co galegu, nun 63% co asturleonés, nun 60% co portugués i nun 59% co castelán. Pó profesol Juan Carrasco, da UNEX, esti métodu non era fiabli ia que estaba pensau pa medil distancias entre linguas i non entre variedais desas linguas. Le parecía mui raru a Carrascu que o grau de coincidencia fosi un poiquiniñu maiol co asturleonés (63%) que co portugués (60%).

Nunha segunda medición aumentamus os ítems de 43 a 100, 50 delis do léxicu máis común (partis do corpu, plantas, animais, accidentis xeográficus, a casa, as ferramentas etc.) i ponderamus os fenómenus por frecuencia de aparición. Os resultaus non variorin excesivamenti: as falas do Ellas coinciden nun 80% co galegu i aproximadamenti  nun 65% co portugués i co asturleonés (tomandu como referencia o léxicu do portugués beirao i do asturianu meridional).

Sería mutu máis precisu aplicale a estas falas unha batería de 2.000 ó 2.500 ítems léxicus pa verifical os indicius evidentis que eitan as anterioris medicións i que querin demostral que estas falas valegas procedin, sen duda niñunha, do primitivu troncu galegu-portugués i, dentru desti, se aproximan mutu máis ao galegu (80%) que ao portugués (65%), au tempu que tenin tamén un bo grau de coincidencia coas falas leonesas meridionais (65%).

Se confirma así a intuición de mutus falantis: estas falas son a terceira rama do troncu galegu-portugués, pero unha rama procedenti do antigu galegu, mutu máis próxima do galegu i con bastanti coincidencia co leonés meridional. As reicis históricas tenin así unha confirmación plena na estrutura das falas, porque estas falas son a evolución histórica do antigu galegu con mestura leonesa que treiran os repoboadoris que se estableceron nestas terras no séculu XIII.

Agó que sabemos a composición da estrutura lingüística do valegu poemos preguntalmos cual seria a maneira de escribilu, pero isu ia é un tema mui delicau que abordaremus máis adientri noitra ocasión. Agó quedemus coesti datu contrastau i procuremus evital consideracións i adscricións pintorescas i acientíficas.
En tó casu, tantu ten que estas falas procedan do galegu, do portugués, do bantu ó do tibetanu medieval, o importanti é que están mui vivas nos Tres Lugaris i que deberían sel máis coñocías i recoñocías en Extremadura.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/xose-henrique-costas/adscricion-i-tipoloxia-das-falas-do-val-do-ellas/20130721174028010858.html


© 2019 Sierra de Gata Digital