viernes. 26.04.2024

Falemus doitras coisas, vali Brasil pa empezar?

Non poicus amigus meis me han ditu, a propósitu dos meis artigus sobri o valegu ó falas do val do ríu Ellas, que ei non só o máis apropiau pa escribir destas falas porque ni só falanti ni só valegu. I é certu, sobri as falas do Ellas é mutu mellor que escriban os seis falantis, a boa xenti da asociación A Nosa Fala ó quen queira ficelo, peru non ei. Polo tantu, ei vó a dedicarme a escribir doitras coisas, peru sempris en valegu, na fala dus Tres Lugaris, por supostu.

Esti artículu quer ser unha despedía da temática das falas do Ellas i unha benvinda a falar doitrus temas nesta mesma fala, i por dois motivus principais: o primeiru é que o valegu siga presenti neste dixital i o segundu é demostrar sempris que esti falar do Ellas é tan apropiau pa tratar tós os temas do mundu como cualquer oitra lingua o variedai lingüística, como o inglés ó o castelán, ni máis ni menus.

Condu ei me xubili, se a soidi me respeta, teñu pensau eitar longas temporás na illa de Boipeba, na costa baiana do nordesti brasileiru, nunha casa mui simpli dun amigu mei. Solu ten cuatru parés, un fogar pa cociñar, unha mesiña de maeira con banquetas i varias redis (hamacas) que se enganchan de paré a paré pa durmir. O lugar habitau máis próximu está a dois km. camiñandu á beira da praia á sombra dun inmenso palmeiral.

Brasil. Non se poi dicer que coñoza Brasil -pa isu necesitaría oitu ó dé vías enteiras dedicás a percorrelo-, solu coñozu ben a cidai i os arreores de Salvador de Bahía por estancias longas i, en menor medía, São Paulo e Río de Janeiro por estancias brevis. Brasil é un continenti, un mundu enormi, un lugar de fortis contrastis ondi tó é grandi: a miseria é enormi; a riqueza é inmensa; a fomi é muta en amplas camadas sociais; a produción alimentar é vastísima; as distancias son siderais; i a beleza é infinita, tantu das paisaxis comu das persoas.

Non he coñocíu persoas, tipus humanus, tan fermosas como as que profusa i densamenti he coñociu en Brasil, frutu da mestura de razas en mui diversas proporcións: negrus, indius, brancus, árabis, xaponesis... tantu é asina que por brasileiru poi pasar cualquer cidadán do mundu. De toa esta variedai a mi me atrain poderosamenti pola súa beleza i exotismu os caboclus, mestura de negru ó mulatu con indiu, i os caboverdis, mestura de negru ó mulatu con brancu centroeuropeu ó nórdicu, mulatus i mulatas de ollus grandis clarísimus i uns trazus faciais finus i elegantis. Brasil é o grandi laboratoriu i sementeira racial da humanidai. Estó seguru de que dentru de cen ó duzentus anus a humanidai será en mutas partis do globu como o que hoxi ia é neste xiganti sudamericanu.

Brasil é un mundo que hai que visitar antes de morrer, de verdai, créanme, i non pensin en deportis nin en mulatas, nos topicazus ignorantis de futbol i carnaval, isu é pós boibus i pás mentis limitás. Pa dale unha idea das dimensións cuasi inimaxinablis de Brasil, le diré que solu a área metropolitana de São Paulo ten unhos 60 millóns de persoas. Brasil é hoxi por hoxi a maior potencia emerxenti de América, ao mesmu nivel que India e China no conxuntu mundial. Petróleu, maeira, ganadería, agricultura, minerais, enerxía hidroeléctrica, industria... o Brasil de hoxi asoma con forza entre os paísis do mundu comu un referenti inmediatu con mutas posibilidais de futuru. I non mos olviemus das artis: Brasil é unha potencia musical, literaria, teatral, audiuvisual, arquitectónica, pictórica etc., de primeira ordi mundial, o que pasa é que a maior parti da súa produción artística se consumi no mercau internu. O día que Brasil empeci a exportal as súas artis o mundu queará fascinau.

Certu é tamén que Brasil non é niñún paraísu social, non queremus enganar a naidi: existin mutas desigualdais, muta pobreza, muta miseria, ao lau de enormis latifundius, riquezas inmensas i mui mal repartías. Dois tenin mutu, vinti tenin algu i cen tenin mui poicu ó non tenin ná. Peru isu pasa igual en toas partis, en España a maior parti da riqueza se acumula en mans de 300 familias i cá vé son máis as persoas que están en riscu de exclusión social ó que non chegan a fin de mes, cá vé son máis os meninus malnutríus en España mentras os bancus gañan cá vé máis i os ricus son cá vé máis ricus porque goberna un gobernu pós ricus votau tamén por mutus pobris. En Brasil emerxi con forza unha nova clasi meia con cá vé máis poder económicu, as clasis popularis están tendu cá vé máis accesu á ensinanza i á sanidai i empeza a versi no horizonte un futuru de maior igualdai, o polo menus de menor desigualdai.

Como dato lingüísticu ao que non me podu substrer, le diré que en Brasil se estudia o español obrigatoriamenti en tós os institutus i universidais, porque Brasil pertenci ao Mercosul, a unión dos paísis do sur de América, i nesta alianza internacional o español é oitra lingua oficial (a terceira lingua oficial é o guaraní, lingua amerindia falá en Paraguai, Brasil, Arxentina, Uruguai i Bolivia, maioritaria i cooficial en Paraguai, ¿quen didi que o guaraní limita ó non vali pa ná? solu os ignorantis). As persoas que chegan a Brasil sabendu portugués ó galegu tenin mutas máis ventaxas á hora de encontrar empreu ó integrarse na súa sociedai. De feitu mutus galegus emigran a Brasil porque ia levan a lingua aprendía. I quen dici galegu ó portugués tamén dici valverdeiru, lagarteiru i mañegu. Atención con istu: os falantis dos Tres Lugaris tenin mutas máis ventaxas que o restu dos extremeñus, serían de entrá persoas máis aptas pa vivir i traballar en Brasil. Os valegus do Ellas tenin accesu ao mundu galaicolusófono i ao mundu hispanófono, son dobrementi competentis co valegu.

Por isu insistu en dicer que o valverdeiru, lagarteiru i mañegu non son variedais lingüísticas pa falar unicamenti no Val do Ellas, poemus falar i ficermus entender tamén en Galicia i en Portugal, peru sobri tó poemus falar tamén en Brasil, un mundu de 200 millóns de persoas con literatura, música, cini, ciencia, investigación, industria, economía etc., en brasileiru, unha especie de valegu un poicu especial peru falau por muta xenti nun dos paísis máis prometedoris do mundu. As vezis que he estau en Brasil sempris he falau galegu i he síu comprendiu sen niñún problema do mesmu xeitu que os brasileirus me han comprendiu a mi. He dau clasis en tres universidais brasileiras i sempris he dauas en galegu.

Vó a seguir falandu de Brasil en futuras contribucións porque me apaixona, peru permítanme que acabi por hoxi cunha anécdota persoal: condu ei cheguí a Brasil, a Salvador de Bahía, unha das primeiras noitis quixi perderme nunha festa negra no barriu históricu, no Pelourinho. Ei era o únicu brancu no meiu daquel océanu de xenti de color bailandu en prazas i callis au ritmu dus tamboris. De repenti me sentí inseguru i me metí nu primeiru bar-restauranti que vi, ondi encontrí un brancu na barra do bar. Empezamus a falar, era un antropólogu holandés i mos invitamus a unhas cervexas. Entrorin ao poicu tempu no bar tres “meninus da rúa”, tós esfarrapaus, cunha cazola pindu comía polas mesas. A xenti le eitó naquela cazola polu, arró, frenxóns, leituga, farofa (fariña de mandioca) i mil coisas máis. Os meninus chegorin onda nós i mos piron se os invitábamus a guaraná, unha bebía feita cun extractu dunha planta amazónica, tan popular lá como pa aqui unha bebía de cola. O holandés i eu le pimus ao camareiru tres guaranás i os meninos puxeron a cazola encima da barra i mos invitorin a cear:  “vocês” ponin a bebida i “nois” poñemus a comía, mos dixeron cunhas sorrisas que iluminaban a noiti. A mi aquel revoltu da cazola, toa aquela lavadurá que parecía comía pós cochinus me daba mutu ascu i dixi que non tiña fomi. O holandés, con cara enfadá, me susurrou ao oivíu: “Putu brancu, esta é a única comía ao día que fain estis meninus, i están compartíndua contigu. Fai o favor de comer!”. Metí a man na cazola i comí daquel revoltu ficendu de tripas corazón i agradecendu a invitación. Os meninus, en contu acaborin cá un seis guaranás, mos deran as gracias tós felizis i marchorin coa cazola.

Aquela noiti cheguí ao hotel coa miña primeira lección brasileira aprendía: nesi país, os pobris compartin tó, mentras que os ricus nunca compartin ná, tan solu a súa mesquindai i a súa falta de humanidai. Peru iso é no Brasil i no mundu mundial. I recordé a imaxi bíblica do camelu i da agulla.

Este diario lo hacemos todos. Contribuye a su mantenimiento

ING Direct - Sierra de Gata Digital
Nº CC ES 80 1465 010099 1900183481

Falemus doitras coisas, vali Brasil pa empezar?